Celanova amplía as visitas guiadas durante a Semana Santa para dar a coñecer o seu patrimonio

Co obxectivo de facilitar a experiencia aos turistas que se acheguen a , O Concello de Celanova, en colaboración coa Fundación Curros Enríquez, anuncia a ampliación de horarios en distintos puntos de interese da vila de cara á Semana Santa para facilitar a experiencia dos turísticas que se achegen á vila durante as vacacións.
A Torre da Homenaxe en Vilanova dos Infantes abrirá as súas portas os sábados, domingos e festivos de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas. Desde a torre partirán as visitas guiadas que permiten pasear polo núcleo da vila e acceder á Cova de San Vivián, programadas ás 11:00 e ás 18:00 horas.
A Casa dos Poetas manterá o seu horario habitual para visitantes individuais: o sábado de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas, e o martes e mércores de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas.
As visitas guiadas polo Mosteiro de San Salvador, organizadas pola oficina de turismo do concello, tamén se amplían durante toda a Semana Santa. Durante estes días, e especialmente nos festivos, o percorrido poderá verse limitado polos actos litúrxicos na igrexa parroquial. As visitas programadas serán ás 12:30, 16:00 e 17:30 de luns a sábado, mentres que os domingos os percorridos serán ás 12:30 (só pola Capela de San Miguel) e ás 16:00 horas.
Con estas medidas, o Concello busca ofrecer aos visitantes unha experiencia máis completa e accesible do patrimonio cultural e histórico de Celanova durante estas datas festivas.