Celanova apraza ata este domingo Enterro da Sardiña por mor do tempo

OurenseXa
A choiva obrigou a cancelar o tradicional desfile previsto para este mércores, que finalmente será o día 22
enterro-da-sardiña-celanova
19 Feb 2026

O Concello de Celanova decidiu aprazar o tradicional Enterro da Sardiña, previsto para onte, Mércores de Cinza, debido ás condicións climatolóxicas adversas. A procesión trasládase finalmente ao sábado 22 de febreiro ás 13:00 horas.

A concentración manterase na Praza Maior, tal e como estaba previsto inicialmente, a partir das 20:00 horas. Desde alí partirá a comitiva fúnebre, que percorrerá distintas rúas da vila ata chegar á Praza do Rubí, onde terá lugar a queima da sardiña.
Ao longo do percorrido realizaranse varias paradas en diferentes puntos para cantar os responsos, mantendo así o carácter tradicional do acto.

Desde a organización animan ás persoas que desexen acompañar o cadaleito a acudir vestidas de loito, contribuíndo ao ambiente propio desta celebración que pon o punto final ás festas de Entroido.

⚙ Configurar cookies
0.084811925888062