Celanova celebrará a vindeira fin de semana unha xuntanza de bandas

O Concello de Celanova, en colaboración coa Escola de Música Banda de Celanova, a Banda de Música de Celanova e a Escola de Música Municipal do Concello de Barbadás, organizan a vindeira fin de semana unha Xuntanza de Bandas.
Será o sábado, 10 de maio, ás 18.30 horas no Auditorio Municipal Ilduara, e contará coa participación da Banda de Música Cultural de Barbadás e da Banda de Música Infantil e Xuvenil de Celanova.
Unha xornada para desfrutar da música e a cultura e que funciona tamén como un evento de confraternidade entre a veciñanza de ambos concellos.