Celanova conmemora os 45 anos de historia do grupo Lembranza Solpor

OurenseXa
A Sala dos Arcos do Concello de Celanova acolle, durante todo o mes de xuño, unha exposición fotográfica que recolle boa parte da historia da banda
Lembranza Solpor
4 Xuño 2024
O grupo Lembranza Solpor, afincado en Celanova, festexa este 2024 o seu 45 aniversario. Entre as actividades previstas para conmemorar a súa extensa traxectoria, a Sala dos Arcos do Concello de Celanova acolle, durante todo o mes de xuño, unha exposición fotográfica que recolle boa parte da sua historia.
Lembranza Solpor consolídase como un referente cultural do folclore galego e un dos grupos máis queridos non só en Celanova, senón en toda a provincia de Ourense. A agrupación conta cunha banda de gaitas, unha marga tradicional, un grupo de cantareiras e un grupo de baile tradicional.

0.18280792236328