Celanova despedirá o ano na Praza Maior con música, campanadas e fogos artificiais

O Concello de Celanova celebrará o fin de ano na Praza Maior cun programa de actividades que comezará ás 23:30 horas, con actuacións musicais de Imgodee e do grupo Xoldra.
Ás 00:00 horas terán lugar as campanadas, que estarán conducidas por Dani Que? e Jorge Que?, seguidas dun espectáculo de fogos de artificio para dar a benvida ao novo ano.