Celanova fai un chamamento á veciñanza a participar na gravación do vídeo para o Grand Prix

OurenseXa
Será este martes, 27 de maio, ás 18.00 horas na Praza Maior
logo-grand-prix
26 May 2025

Celanova será un dos dez pobos participantes na edición de 2025 do Grand Prix. Así o confirmou a pasada semana a corporación de RTVE. En total, serán dez as localidades que competirán por alzarse co título de gañadoras desta esperada edición do popular concurso televisivo.

O Concello fai un chamamento á veciñanza a participar na gravación das imaxes que se emitirán durante o programa, que terá lugar este martes, 27 de maio, na Praza Maior.
Xunto coa vila ourensá, os outros nove pobos seleccionados son: Cubas de la Sagra (Madrid), Alagón (Zaragoza), Huelma (Xaén), L’Ollería (Valencia), L’Arboç (Tarragona), San Sebastián de la Gomera (illa da Gomera – Tenerife), Urduliz (Bizkaia), Peñaranda de Bracamonte (Salamanca) e Herencia (Cidade Real).

A edición deste verán estará presentada, como non podía ser doutro xeito, por Ramón García, que estará acompañado por Lalachus e Ángela Fernández.

⚙ Configurar cookies
0.15687394142151