Celanova festexará o Orgullo este sábado cunha gran festa na Praza Maior

OurenseXa
Artistas como Natalia, Ricky Merino ou Lucía Pérez animarán a noite baixo o lema “Destino Diversidade”
orgullo-celanova
24 Jun 2025

O Concello de Celanova amosa un ano máis o seu compromiso coa diversidade e os dereitos das persoas do colectivo LGTBIQ+ cunha gran festa este sábado, 28 de xuño, na Praza Maior.

O evento, titulado ‘Celanova é Orgullo’, leva por leva “Orgullo de Pobo. Destino Diversidade”, e comezará ás 11:00 horas cunha pintada de murais pola igualdade na que participarán os nenos e nenas da vila, guiados polo artista Alejandro Araujo.

A festa continuará ás 12:00 horas, cando se descubrirá unha placa na que se poderá ler a frase “1ºs Pobos Orgullosos de Galicia”. Para amenizar o acto, haberá un pasarrúas e unha actuación da Banda de Música de Celanova. Ás 13:00 horas comezará a sesión vermú con DJ Sula, que contará con pulpeiras.

O prato forte chegará ás 19:30 horas co espectáculo “Orgullo de Pobo” e no que participarán artistas como Natalia, Ricky Merino, Lucía Pérez, Sabela, Enrique Ramil, Alejandro Araujo, Manu Varela, Sula DJ, Albert Infante, Drag Pulula, Drag Alejandra, G Face e Drag Ashley.

⚙ Configurar cookies
0.19177389144897