Celanova ofrece un curso básico de iniciación ao manexo de drons na Aula CeMIT

OurenseXa
Será este venres e require de inscirción previa
drons-edp-2
9 Apr 2026

O Concello de Celanova promove unha nova actividade formativa centrada na iniciación ao manexo de drons, dirixida a persoas que desexen achegarse a esta tecnoloxía dun xeito práctico e sinxelo.

O curso, de nivel básico, terá lugar este venres, 10 de abril, na Aula CeMIT de Celanova, e permitirá aos participantes coñecer os fundamentos do pilotaxe de drons a través dunha proposta accesible para todos os públicos.

Desde a organización animan ás persoas interesadas a inscribirse previamente para garantir praza, a través do teléfono 988 431 604.

0.1184561252594