Celanova organiza un obradoiro para crear adornos de Nadal en 3D

OurenseXa
Será o vindeiro martes, 12 de decembro, na Aula CeMIT
taller-nadal-celanova
7 Dec 2025

O Concello de Celanova ofrece un obradoiro práctico de iniciación titulado "Creando as nosas bolas de Nadal en 3D", no que os participantes aprenderán a deseñar estas decoracións festivas utilizando a ferramenta TInkercad, para despois imprimir as súas creacións.

Esta actividade ten como obxectivo achegar ao alumnado ao deseño tridimensional dunha forma sinxela e creativa, fomentando o interese pola tecnoloxía nun ambiente lúdico e propio das festas de Nadal. O obradoiro desenvoverase o vindeiro martes, 12 de decembro, na Aula CeMIT, en horario de mañá, de 11:00 a 13:30 horas.

As persoas interesadas poden inscribirse na Aula CeMIT de Celanova chamando ao 988 431 604.

⚙ Configurar cookies
0.096597909927368