Celanova prepara un mes de setembro cheo de actividades

OurenseXa
Música, deporte teatro e moitas máis actividades encherán a vila a partir do día 6
casa-do-concello-celanova
4 Sep 2025

O Concello de Celanova prepara un mes de setembro cheo de actividades con música, teatro, deporte, literatura e actividades para todas as idades.

A primeira cita cultural terá lugar este sábado, 6 de setembro, co espectáculo Xuntos en Concerto’25, ás 20:00 horas no Refectorio. O mesmo día, ás 18:00 horas, arrancará a Duatlón Cross na Praza Maior e, de 17:00 a 20:00, a Alameda acollerá Expo Saúde.
O domingo, 7 de setembro, terá lugar unha das citas máis esperadas do ano, coa entrega do XLI Premio ‘Celanova, Casa dos Poetas’, que este ano é para a compañía ourensá Sarabela Teatro.

O programa continuará co ciclo de charlas ‘Mulleres en rede’, que se desenvolverá eentre o 8 e o 11 de setembro. O sábado día 13, será o momento dos máis pequenos, cunha actividade para celebrar a volta ao cole que se desenvolverá de 16:30 a 20:30 horas na Praza Maior.

A seguinte cita coa cultura será o sábado 20, coa obra de teatro ‘Silencio cómplice’, dirixida a maiores de 16 anos, que terá lugar ás 20:00 horas no Refectorio. Ese mesmo día, as 12:00 horas, a Casa dos Poetas acollerá unha charla sobre o traballo ‘Diagnose turística do Concello de Celanova’, de José Antonio González. O domingo, 21 de setembro, regresa o teatro coa función ‘Siete historias de terror y una canción desafinada’.

Do 23 ao 25, regresan ao Salón de Actos do Concello as charlas ‘Mulleres en rede’, e o venres 26 de setembro será haberá unha presentación do libro ‘Iluminounos o lume’ de Henrique Feixó.

Para pechar o mes, a Asociación Celanova Chea organiza a Festa do Outono, que se desenvolverá do 26 ao 28 en distintos espazos da vila.

⚙ Configurar cookies
0.11649394035339