Celanova prepárase para acoller o III Festival Lembranza Ibérica do 7 ao 10 de agosto

A vila de Celanova converterase un ano máis nun referente da música e cultura tradicional coa celebración do III Festival Lembranza Ibérica, que terá lugar entre os días 7 e 10 de agosto. A cita, organizada pola asociación Lembranza Solpor e o Concello de Celanova, reunirá unha ampla representación de agrupacións musicais e culturais de distintos puntos da Península Ibérica.
O festival contará coa participación de agrupacións locais como Amigos do Acordeón Celanova, B.G. Concello de Celanova ou Pandereteiras Celavella, así como formacións procedentes doutras comunidades como Celtúria del C.G. de Valencia, B.G. El Gumial (Asturias) e GMBT Sadeo (Ponteareas). Tamén estarán presentes B.G. Nova Fronteira, a Murga Coelerni, e grupos consolidados no panorama da música tradicional como Ruxe Ruxe, Five Pipers ou Ailá.
O evento promete ser unha celebración da diversidade musical ibérica, cun programa que combina tradición, folclore e festa, e que busca consolidarse como unha referencia cultural no verán galego.
Desde a organización destacan o carácter integrador e festivo do festival, pensado para todos os públicos e como punto de encontro para amantes da música tradicional e das manifestacións culturais populares.