Celanova prepárase para o desfile da Piñata

Este sábado, 29 de marzo, Celanova acolle unha das súas celebracións máis esperadas do ano: o tradicional desfile da Piñata. A cita tiña previsto levarse a cabo o pasado 8 de marzo, pero quedou aprazada debido ás malas condicións meteorolóxicas. Agora, tras unha espera de máis dun ano dende a pasada edición, os veciños e veciñas de Celanova poderán gozar desta festa.
O desfile sairá ás 17.30 horas polas principais rúas da vila, amenizado pola música da charanga Os Roquiños. As celebracións continuarán ao rematar o desfile na Praza Maior coas actuación dos DJs IMCODEE y Paulo Seoane e a Discomóbil Apocalipsis On Tour, a partir das 20.00 horas. Pola noite, a partir das 21.00 horas, será a quenda da Orquestra Los Players, que amenizará a noite na Praza Maior. A xornada rematará coa entrega de premios, que terá lugar ás 23.00 horas.