Celanova prepárase para un mes de agosto protagonizado pola música e a cultura

OurenseXa
A Festa da Encarnación, o festival Ou Yeah! ou os concertos de Carlos Núñez e Los Secretos son algunhas das actividades programadas para este mes
Claustro-barroco-celanova
Claustro Barroco de Celanova
2 Aug 2025

O Concello de Celanova presentou a axenda cultural para o mes de agosto, cunha variada oferta de actividades que se desenvolverán en diferentes espazos do municipio.

Este domingo, 3 de agosto, Celanova celebra a súa tradicional Festa da Encarnación, con actividades durante todo o día na rúa Encarnación, ademais do concerto da Banda de Música Municipal ás 20:00 na Alameda e o monólogo Claustro Risas con Ángel Martín ás 22:30 horas no Claustro Barroco (entrada con custo).

Entre as actividades do luns 4, haberá un obradoiro de cosmética e limpeza ecolóxicas impartido por Biophilia Axencia Ambiental, de 11:00 a 13:00 na Biblioteca Municipal (con inscrición previa). Pola noite, Carlos Núñez ofrecerá o concerto Lugares Máxicos ás 20:00 no Claustro Barroco (entrada con custo).

Destacan tamén as xornadas do III Lembraza Solpor que se desenvolverán os días 7, 8 e 9 en diferentes puntos, o XIII Folión Castrexo o sábado 9, e unha serie de concertos e exposicións durante todo o mes, como a exposición Criptografías de Baldo Ramos e Pepe Cáccamo na Casa de Curros Enríquez do 8 ao 30 de agosto.

Na segunda quincena, a Festa de San Roque terá lugar do 14 ao 17, e o venres 22 celebrarase o concerto Rock entre pedra e poesía con Los Secretos no Claustro Barroco.

O festival Ou Yeah! terá sesión o sábado 23 e o domingo 24 será o turno do Festival dos 80 e 90, ambos ás 22:00 horas no Claustro Barroco.

Finalmente, do 26 ao 30 realizaranse o Curso Internacional Método Suzuki / Every Child Camp no Claustro Barroco, así como a Feira do Stock no Claustro Barroco e na Praza Maior.

⚙ Configurar cookies
0.15922093391418