Celanova prepárase para unha fin de semana repleta de actividades

OurenseXa
Feira Bio, mercado de segunda man, concurso de pinchos, actuacións musicais e a primeira Festa do Outono encherán a vila esta fin de semana
feria-bio-celanova
2 Oct 2025

Celanova prepárase para unha fin de semana cargada de propostas culturais, gastronómicas e de lecer. O sábado 11 e o domingo 12 de outubro terá lugar a IV Feira Bio, que se celebrará no Claustro Barroco en horario de 10:00 a 20:00 horas. A cita contará con postos de produtos naturais e de tempada, cun claro obxectivo: impulsar o comercio de proximidade.

Paralelamente, as rúas da vila acollerán un gran mercado de segunda man e a terceira edición do concurso “Pinchos da Miña Terra”, no que os locais hostaleiros competirán polas mellores propostas gastronómicas. A programación complétase con actuacións musicais ao longo dos dous días.

Outra das novidades desta fin de semana será a celebración da primeira Festa do Outono, organizada pola Asociación Celanova CHEA. Moda, gastronomía, música, sorteos e un ambiente festivo tomarán o centro da vila. Dentro desta iniciativa tamén se desenvolverá un concurso de novas promesas da moda, aberto a creadores, deseñadores e artesáns con marca propia.

⚙ Configurar cookies
0.082386016845703