Centos de agricultores movilízanse en Ourense en plena campaña electoral
Centos de agricultores e gandeiros ourensáns sumáronse hoxe ás protestas que percorren Europa para reclamar melloras no sector no primario.
As protestas trascorreron sen incidentes, fóra dalgúns cortes de tráfico que a esta hora xa se atopa restablecido prácticamente na súa totalidade.
Fronte a Subdelegación do Goberno de Ourense, agricultores e gandeiros esixiron ser atendidos polos representantes do executivo central xa que “ó fin e ó cabo somos parte da solución, aínda que se intente facer creer que somos parte do problema”, defenden.
No seu manifesto, sinalan que “estamos afrontando un dos momentos máis críticos da agricultura e a gandería dos últimos tempos”, e atacan directamente ás políticas de Bruselas que “están a afogar ao sector primario”.
Entre as súas esixencias destacan una maior flexibilidade nos contidos e a implantación do caderno dixital, “tendo en conta que eso aumenta a nosa carga de traballo burocrático”, así como ecoesquemas de pastoreo e sega que sexan viables en Galicia.