César Blanco será o novo presidente da CEO ata a próxima convocatoria electoral

OurenseXa
Blanco substitúe así a Marisol Novoa, falecida o pasado 14 de agosto, ata a celebración das próximas eleccións
junta-directiva-ceo-antiiga
3 Sep 2025

A xunta directiva da CEO celebrou na tarde deste martes unha reunión extraordinaria para designar ao representante da entidade. César Blanco Gómez, ata o de agora vicepresidente da Confederación desde 2019, foi elixido por maioría unánime.

César Blanco substitúe así a Marisol Novoa, falecida o pasado 14 de agosto, ata a celebración das próximas eleccións, que deberán ter lugar nun prazo máximo dun ano.

Blanco, agradeceu aos presentes a confianza depositada e tivo un emotivo recordo cara á súa antecesora, destacando a gran achega e legado que deixou na Confederación durante os seis anos que estivo á fronte da mesma.

Natural de Nogueira de Ramuín, mostrouse con total dispoñibilidade e vontade para continuar traballando polo tecido empresarial da provincia, dando continuidade aos proxectos iniciados no mandato anterior e afrontar os retos que o colectivo ten na provincia. Segundo marcan os estatutos, o mandato de César Blanco será de carácter transitorio, cunha duración máxima dun ano, ata a convocatoria das próximas eleccións nas que se elixirá ao presidente da entidade.

⚙ Configurar cookies
0.14585709571838