Charla en Coles sobre alimentación e saúde feminina dentro da Escola Feminista polo Empoderamento

O salón de plenos do Concello de Coles acollerá o mércores 4 de setembro, ás 19:00 horas, unha charla centrada na alimentación como elemento esencial no ciclo vital das mulleres. A iniciativa, dirixida a participantes de todas as idades, forma parte do programa Escola Feminista para o Empoderamento, que busca ofrecer ferramentas prácticas e reflexivas arredor da igualdade.
As mulleres interesadas en participar poden solicitar máis información nos Concellos de Amoeiro (988 281 014) e Coles (988 204 134), así como no teléfono e WhatsApp 685 211 882.
A actividade está cofinanciada pola Unión Europea e enmárcase dentro das subvencións a entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia destinadas á promoción da igualdade e á prevención da violencia de xénero. Tamén conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e Igualdade, e co apoio dos Concellos de Amoeiro e Coles.
Este programa pretende, ademais, contribuír á mellora da situación das mulleres en situación de vulnerabilidade e apoiar ás vítimas de violencia de xénero, incidindo na importancia da educación e a concienciación social como piares básicos para avanzar cara a unha sociedade máis igualitaria.