Chaves promociona en Ourense o seu Festival Gastronómico do Bacallau

OurenseXa
Este luns, 15 de abril, a Cámara Municipal de Chaves presentará na Praza Bispo Cesáreo o "Festival Gastronómico do Bacallhau"
plaza-obispo-cesareo
Praza Bispo Cesáreo
14 Abr 2024

A Cámara Municipal de Chaves presentará o vindeiro luns, 15 de abril, en Ourense o Festival Gastronómico do Bacallhau, que se desenvolverá na cidade portuguesa desde o día 1 ao 5 de maio. Con esta finalidade, coa colaboración do Concello de Ourense, organizará unha exhibición ás 14.30 horas nos Xardíns do Bispo Cesáreo, onde un chef elaborará un prato de autor de bacallau diante do público que desexe asistir.

Con esta iniciativa, Chaves promociona un evento que chega este ano á súa  terceira edición, logo de ter congregado nos anos anteriores unha grande participación de público, entre o que se rexistrou a asistencia de moitas persoas procedentes de España.

Do 1 ao 5 de maio, máis de 60 restaurantes e unidades hoteleiras flavienses servirán pratos ou menús de bacallau que prometen conciliar a innovación coa tradición, marcados igualmente pola exuberancia e sabor da gastronomía da localidade. Un xurado avaliará os máis de 40 pratos a concurso, nas categorías de mellor entrante, mellor prato principal, mellor prato tradicional, talento novo e innovación gastronómica. Amais dos premios do xurado, o público asistente elixirá o galardón ao mellor restaurante a concurso

0.19734501838684