Cinco empresas optarán ao contrato de limpeza viaria e recollida de lixo en Ourense

OurenseXa
Inicialmente rexistráranse seis propostas, pero a antiga concesionaria do servizo anunciou que non se presentaría
traballadores-lixo-ourense
11 Sep 2025

O Concello de Ourense abriu onte as ofertas presentadas para o novo contrato de limpeza viaria e recollida de residuos, ao que finalmente optan cinco empresas. Inicialmente rexistráranse seis propostas, pero unha delas, SUMA con Urbaser, antiga concesionaria do servizo na cidade, comunicou nunha carta que non se presentaría, malia figurar no proceso. O goberno local cualificou este feito de “insólito”.

As empresas que manteñen a súa candidatura son FCC, COPASA, OPAIN en colaboración con Acciona, Extraco xunto con socios portugueses e Valoriza. O contrato conta cun orzamento de 162 millóns de euros e unha duración de dez anos.

⚙ Configurar cookies
0.14851093292236