Concello
O Carballiño actualiza os semáforos de Catro Camiños para reforzar a seguridade viaria
A actuación, que tamén contempla a renovación das sinais luminosas do casco urbano, supón un investimento de 80.000 euros
Coles continúa coa recuperación e posta en valor das fontes do municipio
Os traballos de limpeza e acondicionamento chegaron nesta ocasión ás fontes de Ferreiros, Vilar, A Estación, A Laxa, A Telleira e O Pilo, na Barra
O Carballiño recolle preto de 260 toneladas de lixo durante a fin de semana grande da Festa do Pulpo
Os servizos de limpeza retiraron 258,82 toneladas de residuos das rúas, o Parque Municipal e os contedores urbanos e rurais
Pereiro de Aguiar destina máis de 61.800 euros á renovación das pistas deportivas de Tapada de Bouzas e Vilariño
A actuación permitirá substituír os pavimentos deteriorados por novas superficies de céspede sintético e resinas deportivas e renovar parte do equipamento
O BNG califica a compra e licitación dos autobuses de Ourense como “un auténtico despropósito”
O TACGAL detecta incumprimentos no procedemento e obriga o Concello a retrotraer o expediente, mentres máis de dez dos 40 vehículos adquiridos permanecen sen prestar servizo a diario
Ourense impulsa novos proxectos deportivos vinculados ao río Miño coa colaboración da Confederación Hidrográfica
O Concello avanza na creación dunha canle de augas bravas, un pantalán en Velle e novos vestiarios no complexo deportivo de Oira
San Cibrao das Viñas flexibiliza os requisitos do Cheque Bebé e permite volver solicitar as axudas denegadas este ano
A modificación da ordenanza reduce as condicións de empadroamento, mantén a contía de 250 euros por nacemento ou adopción e fai compatible a prestación con outras administracións
Toén aprobará dedicar tres espazos públicos ás figuras tradicionais do Labardeiro, a Señorita e os Mazarucos
O Pleno deu luz verde por unanimidade á proposta presentada por unha Asociación Cultural Entroido de Mugares para bautizar prazas en Mugares, O Moreiro e Meaba
Baños de Molgas abre o prazo para solicitar as axudas municipais destinadas á compra de material escolar
As solicitudes poderán presentarse ata o 30 de setembro e será necesario achegar a factura da compra para xustificar a subvención
O PSdeG reclama un Orzamento para Ourense “que sirva para gobernar” e pide corrixir as deficiencias do expediente
As socialistas presentan catro reclamacións e advirten de que aprobar un documento con problemas xurídicos podería xerar “inseguridade xurídica” e frear a acción municipal
Barbadás continúa coa campaña de compostaxe doméstica cunha nova entrega de composteiros o 27 de xullo
O Concello ofrecerá formación gratuíta ás persoas participantes para fomentar a correcta xestión dos biorresiduos nos fogares
O consumo excesivo e varias avarías na rede de abastecemento provocan problemas coa auga en Ramirás
O Concello pide un uso responsable da auga, solicita que se pechen as conexións de pozos e acometidas antigas e avisa de cortes no subministro
O Concello de Pereiro de Aguiar chama a facer un consumo responsable da auga potable para evitar restricións no abastecemento
O Concello prohibe temporalmente usos non esenciais como o rego, o enchido de piscinas, a limpeza de vehículos e os baldeos ante o incremento do consumo provocado pola vaga de calor
O BNG acusa ao goberno de Jácome de modificar a RPT “pola porta de atrás” e sen negociación co persoal
A formación nacionalista critica a creación de novas xefaturas e acusa ao executivo de Jácome de concentrar máis poder e alterar a estrutura municipal á marxe da Mesa Xeral de Negociación
O Comité de Empresa de Autobuses Urbanos de Ourense acusa empresa e Concello de converter o persoal en “reféns” do conflito
A representación sindical asegura que a situación salarial afecta a toda a plantilla e advirte de posibles consecuencias laborais se non se adoptan solucións
As socialistas de Ourense sacan adiante dúas mocións para revitalizar o comercio e impulsar a igualdade institucional
As iniciativas do PSdeG inclúen a estratexia “Ourense Cidade Viva” e medidas para aumentar a visibilidade das mulleres na vida pública da cidade
O Concello de Ourense e Aspamadis exploran vías de colaboración para reforzar a inclusión laboral
A concelleira de Asuntos Sociais reuniuse cos responsables das entidades para analizar iniciativas orientadas á inserción sociolaboral de persoas con discapacidade intelectual
Eventos
OcioenGalicia
Fiestas Patronales de Ribadeo 2026
OcioenGalicia
Fiestas de las Peras 2026
OcioenGalicia
Festibam en Betanzos
Natalia González anuncia a súa precandidatura á Secretaría Xeral do PSdeG de Ourense
A voceira municipal socialista formalizará a súa candidatura no proceso de primarias e reivindica “un proxecto colectivo” para liderar “o cambio que precisa a cidade”
O Concello de Baños de Molgas inicia os trámites para a declaración oficial dunha nova zona de baño
A medida responde a un informe desfavorable da Confederación Hidrográfica Miño-Sil na zona das piscinas, mentres o Concello achega análises que indican boa calidade da auga
O Concello de Ourense incorpora 13 novos axentes á Policía Local
Os efectivos, procedentes da oferta de emprego público de 2020, recibiron formación inicial tras ser recibidos no salón de plenos polo alcalde e o concelleiro de Seguridade
O Concello da Peroxa abrirá este mércores as piscinas municipais
A apertura chega apenas unha semana despois das críticas do grupo municipal do PSdeG, que denunciou o atraso na posta en funcionamento das instalacións
Pontón apoia a candidatura de Luís Seara á Alcaldía de Ourense e chama a “abrir un tempo novo” na cidade
A portavoz nacional do BNG defende que Seara é o alcalde que precisa Ourense para recuperar o “orgullo de cidade” e superar o “caos”, mentres o candidato aposta por “cambiar para avanzar” e poñer a cidade a funcionar
O Supremo inadmite o recurso do Concello de Ourense contra a sentenza que anulou o cesamento do interventor
Os feitos remóntanse a 2024, cando o goberno local cesou ao funcionario despois de que este presentase unha demanda contra o alcalde por presunto acoso laboral
O Concello de Verea impulsa un campamento de verán para facilitar a conciliación durante xullo e agosto
A iniciativa está dirixida a nenos e nenas de 3 anos en diante e inclúe xogos, manualidades e excursións, entre outras actividades






