Cita dobre co teatro en Allariz esta fin de semana coa representación da función “Oh, Mammi Blue”

OurenseXa
O talento alaricano de Noemí Rodríguez e Helena Varela subirase ao escenario da Casa da Cultura este sábado e domingo
oh-mammi-blue-allariz
14 Mar 2026

A Casa da Cultura de Allariz acollerá esta fin de semana unha dobre sesión co teatro coa representación da peza “Oh, Mammi Blue”, unha viaxe visceral polas luces e sombras da maternidade, creada polo talento alaricano de Noemí Rodríguez e Helena Varela. A obra combina humor ácido, reflexión sobre tabús e unha posta en escena transgresora e máxica que promete non deixar indiferente ao público.

As funcións celebraranse hoxe, 14 de marzo ás 20:00 horas e o domingo 15 de marzo ás 19:00 horas. O prezo das entradas será de 5 euros para titulares da Tarxeta Cidadá e 8 euros para o público xeral.

As persoas interesadas poden reservar a súa entrada chamando ao 988 440 859 ou enviando un correo a cultura@allariz.gal.

0.12214708328247