Coles acolle este domingo a segunda edición do seu Mercado de Nadal
OurenseXa
Os postos estarán abertos durante toda a xornada no Pavillón Municipal

6 Dec 2025
O Concello de Coles celebra este domingo, 7 de decembro, a segunda edición do seu Mercado de Nadal no Pavillón Municipal. Desde as 11:00 ata as 20:00 horas, o recinto encherase de ambiente navideño, cunha gran variedade de postos onde se poderán atopar produtos artesáns, decoración e moitas sorpresas máis.
Esta iniciativa, que se celebra por segunda vez tras o éxito do ano pasado, busca fomentar o comercio local e ofrecer aos veciños e visitantes un día cheo de maxia e ilusión propia da época do Nadal.