Coles comezará os obradoiros de memoria o 9 de febreiro
OurenseXa
As inscricións están abertas ata este mércores día 4

2 Feb 2026
O Concello de Coles pon en marcha este mes de febreiro unha serie de talleres de memoria destinados aos maiores do municipio que arrancarán o vindeiro día 9.
A actividade será totalmente gratuíta e as inscricións están abertas ata o 4 de febreiro no Concello. Para levarse a cabo, será necesario un grupo mínimo de persoas en cada un dos locais sociais do municipio, polo que dende o Concello animan ás persoas interesadas a anotarse para poder poñer en marcha esta actividade.