Coles organiza por segundo ano un Mercado de Nadal

OurenseXa
Será o domingo 7 de decembro, e as persoas interesadas en participar cun posto poden reservar o seu espazo ata o día 2
mercado-de-nadal-coles
11 Nov 2025

O Concello de Coles prepara a segunda edición do seu Mercado de Nadal, que se celebrará o próximo domingo 7 de decembro no Pavillón Municipal. Desde as 11:00 ata as 20:00 horas, o recinto encherase de ambiente navideño, cunha gran variedade de postos onde se poderán atopar produtos artesáns, decoración e moitas sorpresas máis.

As persoas interesadas en participar cun posto para vender os seus produtos teñen ata o 2 de decembro para reservar o seu espazo.

Esta iniciativa, que se celebra por segunda vez tras o éxito do ano pasado, busca fomentar o comercio local e ofrecer aos veciños e visitantes un día cheo de maxia e ilusión propia da época do Nadal.

⚙ Configurar cookies
0.095553874969482