Coles organiza unha andaina solidaria a prol do alumnado de 4º da ESO de Cambeo

O Concello de Coles organiza unha nova edición da súa andaina solidaria en favor dos alumnos de 4º da ESO do CPI Antonio Faílde.
A cita será o vindeiro domingo, 27 de abril, ás 9.30 horas da mañá dende o polideportivo de Albán.
Os asistentes poderán elixir entre dúas rutas circulares, unha longa de 21 quilómetros e outra curta de 8 quilómetros. Ademais, para os mais pequenos haberá tamén unha ruta baby de 3 quilómetros.
O prazo de inscrición estará aberto ata o 22 de abril mediante os teléfonos 679 433 074 e 677 185 547, ou de forma presencial no Crossfiit Enxebre, na cafetería Miña Xoia, no Mesón O Casupo ou en no Café Bar Mary by Stuttgart. Ademais, para os rezagados, haberá inscricións dispoñibles o propio día da proba, media hora antes do inicio.