Coles organiza unha festa Pre-Fin de Ano para o alumnado de 4º da ESO do CPI Antonio Faílde
OurenseXa
Será este sábado, 27 de decembro, de 20:00 a 01:00 horas

26 Dec 2025
O alumnado de 4º da ESO do CPI Antonio Faílde de Coles celebrará este sábado, 27 de decembro, unha festa Pre-Fin de Ano na Sala do Polideportivo de Albán.
O evento, organizado polo Concello de Coles, terá lugar de 20:00 a 01:00 horas e contará coa actuación de Verbena Disco. Ademais, haberá postos de comida para os asistentes. A entrada terá un custo de 3 euros por asistente.