Coles pon en marcha a súa campaña de compostaxe doméstica 2025–2026
OurenseXa
O Concello repartirá composteiros de balde entre a veciñanza

24 Aug 2025
O Concello de Coles anima á veciñanza a participar na Campaña de Compostaxe Doméstica 2025–2026, que repartirá composteiros de balde. As persoas participantes poderán beneficiarse dun 30% de desconto no recibo do lixo.
A iniciativa permite transformar os restos orgánicos do fogar en abono de calidade, contribuíndo ao coidado do medio ambiente e fomentando prácticas sostibles no municipio.
As persoas interesadas poden solicitar o seu composteiro no Concello de Coles ou chamando ao 988 205 134.