Comenzan as obras de humanización da praza da aldea de Carballeira, en San Cibrao das Viñas

San Cibrao das Viñas vén de iniciaras obras de humanización da praza da aldea de Carballeira, que se desenvolven co apio da Deputación de Ourense. A alcaldesa, Marta Nóvoa, visitou esta semana o lugar para supervisar o inicio dos traballos.
O proxecto, cofinanciado polo Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos Municipais da Deputación de Ourense (CooperOU), contempla a pavimentación de toda a praza e o soterramento das redes de baixa tensión e de comunicacións, mellorando así a estética e a seguridade do espazo.
Desde o Concello destacan que esta intervención suporá un avance importante na calidade de vida dos veciños, así como na modernización e mellora da imaxe dos espazos públicos.