Comeza a campaña de recollida de alimentos de Nadal en Esgos

OurenseXa
Os voluntarios percorren desde esta semana distintos puntos do municipio, que se suman aos puntos fixos instalados no Concello, na biblioteca e no supermercado
alimentos-primeira-necesidade
5 Dec 2025

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Esgos únese un ano máis á campaña de recollida de alimentos non perecedeiros “Por un Nadal Feliz para tod@s”, organizada polo Voluntariado de Protección Civil en Ourense a favor do Banco de Alimentos de Ourense.

Durante varios días, os voluntarios percorreron distintas localidades do municipio para recoller alimentos. O calendario de recollida pasou xa por Pardeconde, Os Pensos, Xaravedra, Fondodevila, Casanova, Melón de Abaixo, Melón de Arriba, Quinta do Monte, Cernada, Arco, Touza, Meiroás, Guimarás, Alto do Couso, Feirobal, A Meiroá, Calsomiro, Cachamuiña, A Lama, Regueiro, Soutelo, Quinta e Parrocha.

Este venres, os voluntarios desprazaranse a Gomariz, Lobaces e Vilar de Ordelles. A vindeira semana, o martes 9, será a quenda de Tarreirigo, Lampazas, A Granxa, Rebordiños, As Campinas, Laioso, Pinto e Achas, e o mércores 10 a recollida será en Porta do Sol, As Vendas, Folgoso e Cabalgada.

Ademais, quen o desexe pode colaborar deixando as súas aportacións nos puntos de recollida situados no Concello, na biblioteca e no supermercado de Esgos.

⚙ Configurar cookies
0.080854892730713