Comezan as festas de Cabeza de Vaca coa actuación da orquestra Alabama

A parroquia de Cabeza de Vaca comeza hoxe as súas festas cun espectáculo de fogos artificiais que marcará o inicio das celebracións, seguido da actuación da orquestra Alabama e dunha sesión de discomóbil.
Mañá venres a xornada comezará ás 12:30 horas con misa e procesión, seguida dunha sesión vermú amenizada pola charanga Como Queiras Band. Ás 17:00 horas celebrarase un campionato de tute. Pola noite, a orquestra Horizon the Show e a discomóbil La Gramola pecharán a festa. Durante o descanso da orquestra entregarase os trofeos do campionato e farase un sorteo de 300 euros entre o público asistente.
As festas patronais de Cabeza de Vaca requirirán o peche ao tráfico da rúa Castelo Ramiro, desde a rúa Enxido ata a estrada de Piñor, tanto este xoves como o venres, desde as 17:15 horas ata que rematen as actuacións musicais e se desmonten os escenarios.
A Policía Local do Concello de Ourense informa que as vías alternativas de circulación serán a rúa Cabeza de Vaca para o tráfico procedente da estrada de Piñor; a rúa Enxido para o tráfico que veña da rúa Castelo Ramiro; e a rúa Gramalleira para as persoas residentes.
Preguntar a ChatGPT