Comezan os traballos de asfaltado na rúa Ricardo Martín Esperanza, no Polígono de San Cibrao

O Concello de San Cibrao das Viñas informa de que esta pasada noite comezaron as obras de asfaltado na rúa Ricardo Martín Esperanza (OU-0514), situada no polígono industrial. Co obxectivo de minimizar as molestias ao tráfico pesado e comercial durante o día, os traballos realízanse en horario nocturno, polo que a rúa permanecerá cortada ao tráfico desde as 22:00 horas ata as 6:00 horas.
As obras prolongaranse ata o mércores 18 de marzo, afectando as noites do domingo, luns, martes e mércores. O Concello pide desculpas polas molestias que poidan ocasionar estas tarefas e agradece a comprensión e colaboración dos veciños e transportistas.