Comezan os traballos de demolición das naves de Adif da rúa Río Arnoia
OurenseXa
Os veciños viñan tempo a situación de inseguridade na zona
Demolición das naves de Adif na rúa Río Arnoia, Ourense
3 Dec 2024
Este luns arrancaron os traballos de demolición e tapiado das naves ocupadas de Adif situadas na rúa Río Arnoia, unha demanda veciñal que foi defendida en varias ocasión polo Partido Popular de Ourense no Parlamento Galego e no Congreso dos Deputados.
Xa a principios do mes de agosto os populares advertían de "falta de seguridade" na contorna da rúa Río Arnoia da cidade pola presenza de okupas nunhas naves desa mesma rúa, que agora será eliminada. Pero a situación viña de máis lonxe, lembraban os populares, que aseguraban que os veciños, xa hai un ano, "puxéronse en contacto connosco e tamén o puxeron en coñecemento da Subdelegación do Goberno" porque as naves dependen do Goberno.