Comezan os traballos de limpeza na OU-150 e na OU-536

OurenseXa
Estas tarefas forman parte do contrato con Seaga para o control da biomasa das marxes das vías da Xunta, cun investimento de case 3 millóns de euros en dous anos
limpeza_estradas
Arrancan os traballos de limpeza nas marxes de catro estradas autonómicas
11 Mar 2024

A Xunta comezará ao longo destes días os novos traballos de limpeza nas marxes de catro estradas autonómicas ao paso polas provincias da Coruña, de Lugo e de Ourense.

No caso das provincias da Coruña e de Lugo, as novas actuacións levaranse a cabo na estradaAC-861, no municipio de San Sadurniño, e na LU-616, ao paso polo concello do Saviñao, respectivamente.

Tamén comenzarán os traballos de limpeza na estrada OU-150, no municipio de Ourense; e na OU-536 no seu percorrido polos concellos de Ourense, O Pereiro de Aguiar, Esgos, Xunqueira de Espadanedo, Montederramo, Castro Caldelas, San Xoán de Río e A Pobra de Trives.

Ademais, no caso da provincia de Ourense, continuarán as tarefas nas estradas OU-540, nos municipios de Ourense e de Lobios; e na OU-531, ao seu paso polos concellos de Xinzo de Limia, Sandiás, Vilar de Santos, Rairiz de Veiga, A Bola, Celanova, Ramirás, Gomesende e Cortegada

Estas intervencións están enmarcadas no novo contrato coa empresa pública Seaga para o control da biomasa das marxes das estradas autonómicas, que supón un investimento de preto de 3 millóns de euros para os dous próximos anos.

0.18107604980469