Os populares denuncian retrasos na execución do proxecto de mellora da seguridade vial en Ribela
O PP denuncia que o proxecto de trazado de “Mellora da Seguridade viaria na intersección de Ribela. Construción dunha ligazón e reordenación de accesos na estrada N-525. km 244+368. T.M. de Coles, Ourense” acumula xa case tres anos de atrasos desde a aprobación definitiva do expediente de información pública, o pasado 1 de outubro de 2021.
Os populares explican que despois de varias preguntas dirixidas ao Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana, a última resposta foi en outubro de 2023, cando desde o Goberno aseguraban que o proxecto se atopaba agora en fase de redacción.
Agora, despois de tres anos, o Mitma anunciou que a aprobación da información pública" foi recorrida por un afectado, estando pendente a resolución do recurso", polo que o proxecto atópase actualmente paralizado.
Desde o PP piden ao Goberno unha explicación sobre o motivo polo cal non se informou deste recurso e lembran que en marzo de 2017 foi dada polo MITMA a orde de estudo previa á redacción do proxecto de trazado e que “máis de sete anos despois seguimos sen ter aprobado o proxecto de construción”.