Conta atrás para a terceira edición do Our Fest

OurenseXa
O festival ofrecerá unha vibrante xornada de pop-rock alternativo o 14 de setembro, destacando o mellor da música nacional e internacional.
Our Fest 2024
8 sep 2024

Ourense prepárase para vivir unha das citas musicais máis esperadas do ano coa terceira edición de OUR FEST, o próximo 14 de setembro. Este festival, consolidado como o mellor escaparate de pop-rock alternativo para pechar a tempada estival, promete unha xornada chea de música vibrante, na que se darán cita algunhas das bandas máis relevantes do panorama nacional e internacional, tres delas, pisando por primeira vez Galicia, como é o caso de Jake Bugg, Miles Kane, Yard Act.

OUR FEST soubo posicionarse en só tres anos como un evento de referencia en Galicia, atraendo a miles de amantes da música en directo. A edición do ano pasado foi testemuña dun gran éxito, con máis de 4000 asistentes que encheron o recinto de Expourense para gozar de actuacións memorables como as de Suede, Shame, e Kula Shaker, e este ano volve cun cartel renovado e unha proposta musical que segue fiel á diversidade e a calidade artística. Grazas á colaboración coa Xunta de Galicia, a través da axencia de Turismo de Galicia e Xacobeo, a Deputación de Ourense, o Concello de Ourense e Estrella Galicia, OUR FEST 2024 non só celebra a mellor música, senón que tamén reforza o seu papel como un motor cultural e turístico para a zona.

0.098336935043335