Conta atrás para as obras da senda peonil de acondicionamento e mellora na OU-0515 entre Pereiras e Taboadela

O Concello de Taboadela advirte á veciñanza de que xa está dispoñible a relación de propietarios, bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa necesaria para executar as obras da senda peonil de acondicionamento e mellora na OU-0515, entre Pereiras e Taboadela (fase 1).
O documento, que inclúe tamén o proxecto técnico, estará exposto ao público durante quinze días hábiles, prazo no que as persoas propietarias afectadas poderán consultar o expediente e presentar as alegacións que consideren oportunas, conforme ao artigo 18.1 da Lei de Expropiación Forzosa.
A información pode examinarse na Sección de Patrimonio e Expropiacións da Deputación de Ourense, situada na Rúa do Progreso, nº 32 (32003, Ourense). O horario de atención ao público é os luns, martes e venres, e tamén se ofrece asistencia a través do teléfono 988 317 535 ou do correo electrónico expropiaciones@depourense.es.
Ademais, o documento completo pode consultarse no enlace dispoñible na web da Deputación de Ourense, onde figura toda a información relativa ao proceso expropiatorio.