Continúan as mobilizacións dos traballadores do sector da alimentación de Ourense

OurenseXa
Decenas de traballadores e traballadoras desprazáronse este mércores a Betanzos para pedir un novo convenio colectivo ante unha das sedes de Gadis
concentracion-alimentacion-ourense-gadis-betanzos
Concentración dos traballadores da alimentación de Ourense en Betanzos
25 Jun 2025

Continúa o conflito do sector do comercio de alimentación da provincia de Ourense. Este mércores houbo unha concentración diante da sede dunha das principais empresas do sector, Gadis. Para esta protesta, o persoal trasladouse ata o polígono industrial da Piadela, en Betanzos.

A mobilización forma parte do calendario de protestas convocado polas organizacións sindicais ante o bloqueo na negociación do convenio colectivo de alimentación de Ourense, que permanece paralizado dende hai meses.

Denuncian que fronte aos beneficios que experimentan as empresas, o persoal continúa traballando con salarios conxelados, xornadas intensas e sen avances nos dereitos laborais.

⚙ Configurar cookies
0.1746141910553