Convocada unha nova edición do Concurso de Tapas de Maceda

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Maceda en colaboración co Concello de Maceda organiza durante a Semana Santa a sexta edición do Concurso de Tapas de Maceda.
Entre o 16 e 0 20 de abril, dez bares da vila ofrecerán tapas por tres euros entre as 20.00 e as 23.00 horas. Para participar, cada cliente recibirá unha cartilla que deberá cubrir nun mínimo de 6 establecementos, puntuando as tapas.
Os locais participantes nesta edición son Tapería Castillo, Bar Teixeira, A Cervexería, Porta Sacra, Casa Rosa, Bar A Sala, A fenda, O Mioco, Bar Lúa e A Tapa. O establecemento máis votado será o gañador desta edición.
Ademais, ao finalizar o concurso, haberá un sorteo de agasallos entre as persoas participantes, que poderán gañar unha tarxeta regalo que inclúe un Spa para dúas persoas, unha cena e un bono de lectura valorado en 50 euros.
A actividade ten como fin promover o movemento e a participación tanto de empresarios como de clientes asiduos aos establecementos da vila.