Convocan unha mobilización en Ourense en protesta polos incendios

OurenseXa
Será esta tarde, ás 20:30 horas, na Praza Maior
concentracion-ourense-incendios
14 Aug 2025

Diferentes organizacións, baixo o lema “Lumes nunca máis”, convocaron para esta tarde, ás 20:30 horas, unha concentración na Praza Maior de Ourense, en protesta pola vaga de incendios que está a devastar desde o pasado venres diferentes puntos da provincia de Ourense.

Actualmente, a provincia vive unha das situacións máis complicadas desde que comezou o verán, con máis de 13.000 hectáreas calcinadas e unha situación preocupante en zonas de Monterrei, Manzaneda ou Trives, onde a proximidade do lume ás casas obrigou á evacuación de decenas de veciños.

⚙ Configurar cookies
0.71666288375854