Cortes de tráfico esta fin de semana nas rúas Bedoya e Ramón Cabanillas por obras

OurenseXa
O paso da volta ciclista O Gran Camiño tamén provocará cortes no tráfico da cidade
Rua_Bedoya_Ourense
Rúa Bedoya, Ourense
23 Feb 2024

A execución de obras de reposición de pavimento de pedra requirirá realizar senllos cortes de tráfico na intersección da rúa Bedoya coa rúa Santo Domingo e no cruzamento entre a rúa Ramón Cabanillas e a Praza dos Ramóns, desde mañá, sábado, 24 de febreiro, ás 8.00h, até o luns, 26, ás 7.00h.

Ademais, na xornada de mañá, sábado, a Policía Local desenvolverá un dispositivo especial de mobilidade e accesibilidade polo paso pola cidade, da terceira etapa da carreira ciclista O Gran Camiño, que afectará aos seguintes tramos: Nacional 525, continuará pola Nacional 120 en sentido Vigo, estrada de Castro de Beiro, OU-526, estrada de Vilar de Astrés, rúa Río Limia, Avenida de Santiago, rúa Basilio Álvarez, Ponte do Milenio, Glorieta Nexus, xiro cara á N-120, paso por debaixo da Ponte do Milenio, rotonda de acceso á autovía A-52, rúa Castro Canseco, rúa Bispo Lourenzo, para saír da cidade pola OU-402 en dirección a Ribadavia. Os cortes produciranse entre as 14.30 e as 16.30 horas deste sábado.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19728899002075