Cruz Vermella atendeu a máis de 18.000 persoas en Ourense durante 2023
A sede de Cruz Vermella en Ourense atendeu a máis de 18.000 persoas durante o 2023. Así o amosa o primeiro balance da actividade levada a cabo dende os diferentes proxectos no primeiro semestre do ano presentado pola organización.
Ás 18.000 persoas atendidas hai que engadir os máis de 8.600 participantes en actividades de sensibilización, entre as que destacan as de promoción da saúde, medio ambiente e as realizadas desde Cruz Vermella Xuventude, tal e como salientou o presidente provincial, Felipe Ferreiro.
Por áreas, destaca á de Inclusión Social, que atendeu a máis de 12.200 persoas que precisaban axuda para cubrir as súas necesidades básicas. Ademais, o presidente da Cruz Vermella Ourense puxo en valor que preto de 400 persoas atoparon emprego a través dos seus proxectos, e máis de 1.400 persoas participaron nos cursos de orientación ao mercado laboral.