Cruz Vermella organiza novos cursos gratuítos en Ourense para os meses de marzo e abril de 2026

Cruz Vermella Ourense puxo en marcha unha nova convocatoria de cursos AFD dirixidos a persoas inscritas como demandantes de emprego no SEPE. As formacións impartiranse durante marzo e abril de 2026 e inclúen especialidades como transporte sanitario, dinamización de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil, habilitación para a docencia en graos A, B e C do sistema de formación profesional, así como atención sociosanitaria a persoas dependentes tanto en institucións sociais como no domicilio.
Os requisitos para acceder aos cursos varían segundo a especialidade e inclúen contar coa ESO, competencias clave, certificados profesionais ou mesmo carné de conducir, en función da formación escollida.
As persoas interesadas poden obter máis información e realizar a inscrición chamando ao 988 222 484 (extensión 57466) ou enviando un correo electrónico a ourense@cruzroja.es
.