Cultura, tradición e sabor encherán este sábado a vila de Allariz nunha nova edición da Fornada do Mato

OurenseXa
O evento arrancará ás 19:30 horas e contará con actividades para os máis pequenos, música tradicional e foliada
fornada-allariz
2 Aug 2025

Este sábado, 2 de agosto, o Concello de Allariz convida á veciñanza e visitantes a gozar dunha nova edición de A Fornada, unha festa que mestura tradición, cultura e sabor nunha das citas máis singulares do verán ourensán.

O evento desenvolverase no espazo do Mato e dará comezo ás 19.30 horas cun obradoiro infantil de bolos de pan, pensado para que os máis pequenos poidan descubrir, dun xeito lúdico, o valor do pan feito con agarimo e técnicas tradicionais.

Ás 20.00 horas será a quenda da música coa actuación da agrupación de Pé Feito, seguida polos Cantos de Taberna a cargo do grupo Xolda, que achegarán sons tradicionais e moita festa ao ambiente.

Como colofón, a partir das 22.30 horas, celebrarase unha Foliada Popular, aberta á participación de músicos e bailadores, recuperando o espírito das xuntanzas comunitarias de outrora.

⚙ Configurar cookies
0.15810894966125