Dani Fernández súmase ao cartel do Ouren Sound Fest 2025
Dani Fernández súmase ao cartel do Ouren Sound 2025, que festexará o seu décimo aniversario entre o 22 e o 25 de maio no complexo Deportivo de Monterrei, en Pereiro de Aguiar.
Está é a segunda cabeza de cartel confirmada para esta nova edición, que se une a Viva Suecia. A de 2025 será a segunda edición que se celebrará fóra da capital ourensá logo de ter que cambiar de localización tras a decisión do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, de non colaborar coa organización. O festival víase obrigado a abandonar o recinto de Bemponsta logo de oito anos e trasladábase ao concello veciño apenas un mes antes da súa celebración.
A edición de 2025 promete ser unha das máis ambiciosas da historia do festival. Ata o de agora están confirmadas as actuacións de artistas como Viva Suecia, Xoel López, Siloé, ou Sexy Zebras, entre outros, e proximamente darase a coñecer o cartel definitivo.
O Ouren Sound reuniu a máis de 10.000 persoas durante a súa última edición, que levou a Pereiro de Aguiar a algúns dos artistas máis relevantes do panorama nacional como Arde Bogotá, Shinova, Sidonie ou Tanxugueiras.
Consulta o cartel provisional do Ouren Sound Fest 2025