Daniel Minimalia colga o cartel de "sold out" no Teatro Principal
O Teatro Principal de Ourense acollerá o vindeiro venres, 26 de abril, o concerto do artista Daniel Llorente Rey, máis coñecido como Daniel Minimalia, que trae á capital de As Burgas o seu último traballo, "Terra", co que consegui converterse no primeiro artista galego gañador dun Latin Grammy.
Guitarrista, compositor e multinstrumentista, tamén foi o primeiro español en ter dous Hollywood Music in media Award, e onquistou unha medalla de prata nos Global Music Awards. Por iso, non é de extrañar que conseguise vender todas as entradas para a súa cita en Ourense.
Minimalia é autor de cinco traballos discográficos: Akainik (2011), Contos Sonoros (2012), Areas de Luna (2014), Orixe (2016) e Terra (2020). Trátase dun músico autodidacta que despois de militar en grupos de rock e folk, emprende o seu proxecto persoal que lle levou a tocar entre España e Usa. Entre a súa música aprécianse diferentes influencias que transitan desde o folk, flamenco, rock progresivo, blues ou música clásica, que lle converteu nun referente da música instrumental no ámbito nacional e internacional. A crítica comparouno con artistas da talla de Gustavo Santaolalla, Carlos Santana ou Mike Oldfield.