David Amor e Josito Porto presentan no Teatro Principal a obra 'Go Home'
OurenseXa
Dirixida por Tito Asorey, esta nova comedia negra aterriza en Ourense o próximo 26 de setembro
22 sep 2024
A obra 'Go Home' dirixida por Tito Asorey e protagonizada por David Amor e Josito Porto chegará ao Teatro Principal de Ourense o próximo 26 de setembro.
'Go Home' é a nova comedia negra de Tito Asorey protagonizada por David Amor e Josito Porto, escrita por José Prieto, en asociación con grandes nomes da nosa escena como José Faro, Laura Iturralde, Patricia Ferreira ou Xavier Porto.
Trátase dunha peza comprometida coa realidade, que conta a historia de David, un fanático das viaxes que xa experimentou todas as andanzas que as axencias de turismo podíanlle ofrecer.