Decenas de persoas déronse cita en Allariz para festexar o Día da Patria Galega

Decenas de persoas déronse cita o pasado mércores, 24 de xuño, nos xardíns do Museo do Coiro de Allariz para conmemorar o Día da Patria Galega ou Día Nacional de Galicia.
As celebracións contaron cunha cea campestre co acompañamento do cuarteto Par de Par, a lectura do bando e o concerto do grupo Os Vacalouras.