Decenas de persoas participan no 'Paseo sen Fume de Pereiro de Aguiar'

OurenseXa
Con motivo do Día Mundial sen Tabaco, a Asociación Española Contra o Cancro en Ourense organizou un "Paseo sen fume" no Concello de Pereiro de Aguiar
Pseo sen Fume, Pereiro de Aguiar
Paseo sen Fume, Pereiro de Aguiar
31 Maio 2024

Con motivo do Día Mundial Día Mundial sen Tabaco, que se conmemora este venres, a Asociación Española Contra o Cancro en Ourense organizou un "Paseo sen fume" no Concello de Pereiro de Aguiar.

Esta actividad ao aire libre tivo como obxectivo construír un espazo de encontro que fomente a adhesión á actividade para aumentar o benestar, mellorar a calidade de vida dos participantes e promover a creación de ambientes libres da exposición ao fume nocivo do tabaco tradicional e electrónico.
O consumo de tabaco supón a primeira causa de morte prevenible en España e no mundo. Ademais, é responsable de máis do 30% dos casos de cancro e relaciónase con 16 tipos de tumores. En España, o consumo de tabaco causa 63.000 mortes ao ano, o que significa que cada dez minutos falece unha persoa por este motivo.

0.20010900497437