Derradeiros días para participar no concurso de marcapáxinas e para elixir o logo da Biblioteca de Pereiro de Aguiar

OurenseXa
As propostas para ambos certames poderán presentarse ata o 23 e ata o 25 de abril respectivamente
biblioteca-pereiro
Biblioteca Municipal de Pereiro de Aguiar
15 Apr 2025

O Concello de Pereiro de Aguiar ten aberto un concurso para elixir o logotipo da Biblioteca Municipal, aberto persoas maiores de 16 anos que poderán presentar as súas propostas ata o vindeiro 25 de abril.

O deseño, explican dende o Concello, pode ser en calquera estilo ou técnica, tanto físico coma dixital, e valorarase a facilidade e posibilidade de reprodución para o conxunto da imaxe gráfica.

O xurado estará formado por profesionais do deseño gráfico e Belas Artes e o fallo emitirase o día 28 de abril. Os gañadores do concurso comunicaranse mediante vía telefónica aos interesados e a través da web e das redes oficiais do Concello. O premio para o traballo gañador será de 100 euros.

V Concurso de Marcapáxinas

O Concello de Pereiro de Aguiar ten aberto tamén o prazo para presentarse ao V Concurso de Marcapáxinas, organizado co gallo do Día do Libro, que se celebra o vindeiro 23 de abril, pola Área de Cultura e a Biblioteca Municipal.

Neste caso, establécense tres categorías: de 3 a 6 anos, de 7 a 10 anos e de 11 a 15 anos. Os traballos presentaranse de xeito presencial na Biblioteca, de luns a venres de 9.45 a 13.30 horas. ou de 16.00 a 19.45 horas, e poderanse presentar un máximo de 2 por participante. O prazo estará aberto ata o vindeiro 16 de abril.

⚙ Configurar cookies
0.13796186447144