Derradeiros días para participar no Concurso de Relato e Debuxo do COB

OurenseXa
Poden presentarse nenos e nenas de entre 3 e 16 anos ata o vindeiro 23 de abril
cob-nenos
Imaxe do COB
19 Apr 2025

Club Ourense Baloncesto, en colaboración de Ibereólica, lanza un Concurso de Relato e Debuxo “Os valores no deporte”, dirixido ao alumnado dos centros edu-cativos da cidade e da provincia de Ourense. A iniciativa busca fomentar a reflexión e a creatividade arredor dos valores que promove a práctica deportiva: traballo en equipo, respecto, esforzo, igualdade, superación ou compañeirismo, entre outros. O Club convidou a participar a máis de 50 centros educativos da provincia de Ouren-se. Os concursantes poderán presentar o seu traballo a través do centro educativo ou de forma individual.

O concurso está dividido en tres categorías segundo a idade:

  • Infantil (3 a 5 anos): Concurso de debuxo
  • Primaria (6 a 12 anos): Concurso de relato curto
  • Secundaria (12 a 16 anos): Concurso de relato curto

Cada participante poderá presentar un único traballo, orixinal e centrado no tema “Os valores no deporte”, que poderá ser un debuxo ou un relato. Os traba-llos poderán entregarse por correo electrónico ain-fo@clubourensebaloncesto.com, ou presencialmente na sede do club, situada no Pavillón Paco Paz, ata o 23 de abril.

Os premios entregaranse no descanso do partido entre o Club Ourense Balonces-to e o UEMC Real Valladolid, que se disputará o 2 de maio de 2025 no Pavillón Paco Paz. A data será comunicada previamente ás persoas gañadoras, que estarán convidadas ao acto xunto co resto de participantes.

Premios

Infantil (Debuxo):

  • 1º Premio: xornada lúdica en Galiocio para o/a gañador/a e tres amigos/as
  • 2º Premio: cheque regalo Juguettos e camiseta do Lobo COB
  • 3º Premio: cheque regalo Juguettos e bufanda do club

Primaria (Relato):

  • 1º Premio: entrada VIP a un partido do COB e cea para catro persoas en Do-mino’s Pizza
  • 2º Premio: cheque regalo Juguettos e camiseta do Lobo COB
  • 3º Premio: cheque regalo Juguettos e bufanda do club

Secundaria (Relato):

  • 1º Premio: entrada VIP a un partido do COB e cea para catro persoas en Do-mino’s Pizza
  • 2º Premio: cheque regalo 4 Elementos e bufanda do COB
  • 3º Premio: camiseta e bufanda do club
⚙ Configurar cookies
0.1780059337616